CB Santa Baia

Baloncesto con Pasión

 CB Santa Baia é un club que promove o baloncesto a todas as idades. Dende o equipo xuvenil ata o sénior, traballamos con compromiso e ilusión, desenvolvendo habilidades, espírito de equipo e paixón polo deporte. As nosas instalacións e adestramentos están deseñados para crecer xuntos e gozar de cada xogo.

Os nosos Equipos

O CB Santa Baia conta con equipos para todas as idades e niveis. Dende os máis pequenos de Babybasket ata os maiores, traballamos a técnica, o compañeirismo e a paixón polo baloncesto en cada adestramento e partido.

Canteira

Junior

Senior

A nosa Historia

Máis de 30 anos promovendo o baloncesto en Boiro

O Club Baloncesto Santa Baia naceu no ano 1991 grazas á iniciativa dun grupo de profesores apaixonados por este deporte. O que comezou sendo unha actividade vinculada ao colexio de Santa Baia medrou co obxectivo de abrir o baloncesto a todos os nenos e nenas de Boiro e da comarca do Barbanza. Dende entón, o club traballou para formar equipos en todas as categorías, apostando pola formación deportiva baseada no esforzo, a disciplina, o respecto e o compañeirismo, entendendo o baloncesto como unha ferramenta educativa e social.

Formación dende a base

Baloncesto para todas as idades.

Adestradores titulados

Acompañamento en cada etapa.

Valores deportivos

Esforzo, respeto e compañeirismo.

O noso clube

Un espazo para aprender, competir e crecer

O CB Santa Baia desenvolve a súa actividade nun entorno próximo e familiar, onde o baloncesto é unha ferramenta de adestramento persoal e deportivo. A través dunha formación adaptada e dunha organización comprometida, o club ofrece un espazo no que xogadores e xogadoras poden mellorar, convivir e gozar do deporte, sempre acompañados de adestradores formados e experimentados.

Scroll al inicio